Xulieta é unha muller escura, de pel e ollos moi claros. Cando fala é coma outra calquera; le os mesmos xornais, escoita a mesma música e pola noite vai aos mesmos bares que as demais. Podo atopala aló no Loureiro, apoiada na esquina do futbolín, ou en calquera cafetería da vila, porque lle gusta o café ben cargado e o voz baixiña dos camareiros polas mañás. Iso di Xulieta. Seméllase tanto a Ana, a Lucía, a Paula ou a Lina que podería confundila con elas ou con outra calquera mesmo sen beber moito, só pola escuridade. Leva o mesmo perfume, a mesa chaqueta da mesma multinacional textil, os mesmos zapatos co lazo brillante por riba do dedo gordo do pé. É sinxela coma todas elas, unha boa rapaza. Coñecémonos dende que botamos a andar. Non podería non querela.
No instituto, Xulieta aborrecía os fanfarróns que coma min ían detrás dela ao cuarto de baño só para dicirlle algunha parvada sobre o seu cú. Aínda que logo se a invitabas a un cigarro no patio ou a achegabas na moto á parada do autobús xa non eras máis un miñaxoia que repetía as frases das películas; eras un colega, un dos seus. Mesmo era divertida Xulieta: andaba sempre con présas porque na casa lle controlaban a hora de entrada como na mili, e se por calquera cousa chegaba tarde xa había que dar explicacións e escoitar aquilo de que mentres eu pague isto é unha ditadura e aquí mando eu. Ás veces falábame con amargura desa maneira irracional de educala, ela, que era inofensiva e xamais pedía treguas, que asumía -arrepentíase tanto de ter baixado a cabeza- a falta de liberdade só coma unha traxedia temporal. Xa verás cando marche, virarei a cabeza só para cuspirlles. Tiña 15 anos e dicía cousas que nin ela cría, coma as demais cando pelexaban co mozo -cando pelexaban comigo, por exemplo, porque invitaba a unha copiña a non sei que outra, aquela imbécil á que lle prestaba Mariah Carey. Si, nos recordos Xulieta é idéntica a todas, fala coma todas, bica coma todas. Ten medo aos homes só cando durme na casa da nai.
Xulieta é unha muller escura, de pel e ollos moi claros.

0 llamadas:
Publicar un comentario en la entrada