[A ver quen merda lle deu licencia a este chalé]
A galería da casa de Lina daba xusto ao mar, á praia deserta. Unha sentíase moi pequeniña alí enriba dos penedos. Ou moi poderosa tamén. Xulieta, cunha cervexa na man e outras dúas no corpo, até pensaba que se ela nacese nun lugar así non querería marchar nunca.
[Mais aló, no fondo do val, non hai para onde escapar. Non te rías, Romeo, é como estar no fondo dun caldeiro]
Lina e a nai vivían soas; o pai, no barco. Ela non o botaba de menos, era un estraño.
-O home que vén deitarse con miña nai e me fai fumar ás agachadas- Lina prende un cigarro. Xulieta cala -Eu que sei, ao mellor non lle gusta que o faga.
Lina só a invitara unha vez, ao cumplir os quince. Á noite sairían todos, xa bébedos. Sempre era divertida a festa na vila. Caralluda, diría Romeo. Non había un Loureiro pero no mesón do porto, que en realidade era unha tasca noxenta, podían comer bocadillos de xoubas a calquera hora da noite e sempre había algún momento no que soaban habaneras, unha vella nostalxia do dono, ao que de novo lle prohibiran embarcar por mor dunha doenza de corazón. "E todo nada, nin taquicardia teño", dicía cando lle preguntaban que tal ía o seu. A Xulieta facíalle moita graza ese lamento pola desagraza que nunca acontecera e tamén esa maneira de gardarllas aos médicos polo diagnóstico errado. "Non perdas as esperanzas, calquera día pódeche dar algo. Iso pásalle a calquera", razoáballe Romeo, intentando conter a risa. "Xa, pero mentras aquí estou, atendendo borrachos. Levo toda a vida atendendo borrachos", laiábase dende a barra.
[Non volvas dicirlle iso. Calquera día mátasenos e acábase a festa, animal]
Lina era das que marchara, máis ben só estaba nas vacacións. Tiña na cara un nonseiqué que lle gustaba a Romeo. Xulieta tamén lle vía na faciana algo de moi lonxe, se cadra as pegadas de antepasados doutras razas, máis ela xuraba que alí a carón da taberna vella estaba a casa dos seus e que, a no ser os homes, todos mariñeiros, ninguén vivira xamais noutro lado.
Cando falaban de temas graves -que non era o mesmo que falar con gravidade- sempre acababan mencionando a Romeo sentado na primera cadeira da aula, cos ollos perdidos na nube de integrais e matrices que debuxaba a profesora de Matemáticas sen compaixón todos os venres pola mañá. Xulieta, coa mirada fixa no carderno raiado, calculaba a magnitude da desgraza de non conseguir un aprobado en xuño. Ao pai non podía dicirlle cousas importantes:
-Papá, manqueime por estar facendo o parvo cunha cadeira da cociña.
-Papá, dándolle marcha atrás ao coche toquei na carreta.
-Papá, Romeo e máis eu bicámonos antes de acabar a carreira, pero tranquilo, que non vou deixar os estudos.
[Papá, eu non entendía ren de ecuacións e cando intentaba estudar só pensaba parvadas. Que viña unha avelaíña e se me pousaba enriba da cabeza e cando intentaba espantala abría unha boca grande e se me facía enorme diante do ollos. Ou que un día entraba na casa e vía a mesa do comedor ateigada de fotos de cando era pícara, sen darme conta de que nós nunca tivemos comedor. Tamén podía suceder que pensase en Romeo aquela noite dos quince de Lina fronte ao mar e me botase a rir porque eramos todos uns pailáns, uns pobres rapaciños que non sabían o que era mercar leite en brick nin facer cola diante dos probadores dunha tenda de Inditex. Descubrilo non nos fixo a vida máis doada, pero arrancounos a venda dos ollos e aprendimos os matices, desexamos por vez primeira aquilo que perderamos, o leite que non viña en cartón e caía quente nas mans. A distancia que mantiñamos co resto do mundo acabara sendo insoportable. Romeo non sabía onde estaba, nin a onde ía ir, nin con quen. Non sabía se quería ir a algún lado. Eu estaba farta das paredes da casa, das que non eran do comedor que non tiñamos, pero tamén de ti que non sabías de poesía nin de viaxes nin de Romeo nin pensabas que che quedara algo por saber porque a túa palabra era autoridade e eu, muller de poucos anos, nunca podería desobedecela. Papá, eu era nova pero medrara coa rabia das mulleres enganadas; non ese rancor que ti cres pola mentira ou polos cornos; outro moito peor: o de mamá, que aprendeu a baixar a cabeza e a dicir sempre que si].
A casa de Lina era nova e apenas tiña memoria. A Xulieta gustábanlle os mobles de liñas rectas e limpas do salón e sobre todo a terraza acristalada con vistas ao mar, aínda que ás veces pensaba que un día viría unha onda tan grande que arrastraría a Lina e á nai -e á súa colección de canarios e máis os libros de ioga e sexo tántrico-e poría a casa no seu sitio, varios metros ao interior, cara onde nacían os prados. Pero mentres non chegaba o desastre, contentábase con estar alí, bebendo cervexa gratis na casa de Lina e axexando a Romeo, que esbardallaba cos outros mozos de cousas que a Xulieta non lle importaban nada, pero que se cadra para el eran serias e sesudas coma aquela moza que agora miraba o mar dende a fiestra. Parecía triste, mais en realidade só estaba pensando que un cantil non era un bo lugar para levantar unha casa.

0 llamadas:
Publicar un comentario en la entrada