viernes 4 de febrero de 2011

anestesia

Eu non quero
morrer nova
nin ser vella e facer aeróbic
ou capoeria para sentirme forte e fermosa
eu non quero
que deixen de medrar leitugas na terra que pisei de nena
nin que se me esquezan os sufrimentos
nin ser feliz coma as mozas das películas
só porque un rapaz me regalou un anel ou me invitou a cear
eu non quero que chova
mais se chove terei que saír igual á rúa
e abrir o paraugas se o levo
eu non quero tampouco
que me digan que vale todo
no amor e na guerra
non quero
porque non me dá a gana


Eu non quero que me anestesien nunca